sábado, 18 de abril de 2020


Chove no lombo das tellas
con teimoso repenico....

Temos unha semana para completar o poema. Velaí  vai!!!!!


4 comentarios:

  1. Chove no lombo das tellas
    con teimoso repenico.
    Pobre do que non ten casa
    e rola sen agarimo.

    Ceo revolto, monte escuro,
    silencio de paxariños;
    un rapaz volve do agro
    enchoupado coma un pito.

    Na xanela, sobre un tallo,
    co nariz pegado aos vidros,
    eu vexo chover e penso
    nos que non teñen abrigo.

    ResponderEliminar
  2. Chove no lombo das tellas
    con teimoso repenico.
    Probre do que non ten casa
    e rola sen agarimo.

    Chove longo, chove mesto,
    chove a rebordar, sen tino;
    hai pozas de leira en leira
    e asoláganse os camiños.

    Augas avoltas, enchente,
    o río vaise do río...
    Xa non se ven os salgueiros
    nin a porta do muíño.

    Ceo revolto, monte escuro,
    silencio de paxariños;
    un rapaz volve do agro
    enchoupado coma un pito.

    Na xanela, sobre un tallo,
    co nariz pegado aos vidros
    eu vexo chover e penso
    nos que non teñen abrigo.

    ResponderEliminar

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.