Aló polo mes de marzo... naquela semana en que deixamos de vernos, andabamos as profes de 4º ultimando os preparativos dunha excursión para rematar o trimestre. Aínda non vos dixeramos nada porque queriamos que fixerades os exames tranquilos...E mirade como acabou o conto...
Estaba programada para o 1 de abril e iamos a Allariz. Pensabamos visitar tres dos seus museos (o do coiro, o da moda e o do xoguete), pasear polas estreitas e empedradas rúas ata chegar ó castelo e xantar á beira do río Arnoia.
Xa que non puido ser, convidámosvos a facer unha viaxe virtual e se algún día queredes e podedes, convertédela en realidade.
TURISMO DE ALLARIZ VIDEO 10 RAZÓNS PARA VISITALA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.